O Concello conclúe as obras de mellora do firme dos camiños de Outeiro-Funchal e Martices
A Administración local investiu preto de 70.000 euros nos traballos de acondicionamento dos viais das parroquias de Lago, Meirás e Loira
Valdoviño, 30 de maio do 2025. O Concello de Valdoviño concluía esta semana as obras de acondicionamento dos camiños de Outeiro-Funchal, entre as parroquias de Lago e de Meirás, e no lugar de Martices, en Loira. Nos traballos, a Concellería de Infraestruturas Viarias investiu preto de 70.000 euros, que financiou coa axuda do Plan de Mellora de Camiños de Agader e máis fondos municipais.
As intervencións, que correron por conta da empresa José No Mantiñán, permitiron mellorar o estado do firme de dúas vías rurais que dan servizo a núcleos agrícolas e gandeiros, con diferentes explotacións. No camiño Outeiro-Funchal, os labores estendéronse ao longo de 2,5 km, namentras que en Martices actuouse nun treito duns 400 metros.
Comentarios
