O Concello conclúe as obras de mellora da rede de saneamento en Lago tras un investimento superior aos 66.000 euros

A actuación en Mosende permitirá iniciar a conexión ao servizo das vivendas da parroquia de Sequeiro

O Concello de Valdoviño informou esta mañá do remate das obras de mellora da rede de saneamento na parroquia de Lago, con actuacións nas estacións de bombeo de augas residuais existentes nos lugares de Freires e Mosende, e un tramo da rede de conexión en Mourente. Así mesmo, a intervención en Mosende permitirá ampliar o servizo ás vivendas sitas na parroquia de Sequeiro e avanzar na cobertura da rede en Pazos. Nas obras o Concello investiu máis de 66.000 euros con cargo ao Plan de Obras e Servizos+ 2020 da Deputación.

Ao longo das últimas décadas foron executándose redes de saneamento nos  lugares de Freires e Mosende que permitisen a recollida e posterior tratamento  das augas residuais xeradas nestes lugares. Debido a condicionantes como a  topografía do territorio e a situación da EDAR, estas redes levan asociadas pozos  de bombeo para a recollida e impulsión das augas ata a estación. Así, tanto en  Freires como en Mosende, as súas redes confórmanse de tal xeito que os caudais  transcorren por gravidade ata chegar ao punto de menor cota onde se ubican os  bombeos de augas residuais denominados EBAR Freires e EBAR Mosende. Nesta liña, tíñanse detectado problemas no estado xeral das instalacións, que derivaban na inoperatividade do sistema e a consecuente produción de verquidos, o que esixía dunha actuación urxente que garantizase o correcto funcionamento da  instalación. A intervención realizada en Mosende permitirá agora tamén estender o  servizo de saneamento ás vivendas sitas na parroquia de Sequeiro.

Ademais, na mesma parroquia de Lago, no lugar de Pazos (Mourente), dado o  crecemento poboacional, planteouse a primeira fase do saneamento, coa conexión  á rede xeral. Deste xeito, a intervención contemplou actuacións nas estacións de bombeo, nas  que se procedeu á substitución dos equipos, xa que a falta de mantenemento e estado de deterioro dos existentes desaconsellaban a súa reparación. Así mesmo, procedeuse á adaptación e actualización dos cadros xerais de mando e protección e á posta en marcha do sistema. Na rede asociada a Mosende, por mor da detección de verquidos, inspeccionouse con medios adecuados e actuouse en 10 pozos de rexistro que presentaban deficiencias. Na rede de saneamento en Pazos (Mourente) procedeuse á instalación da fase 1 de conexión coa rede xeral que discurre pola AC566 e darase servizo inicial ao lugar.