O Concello concede as licenzas para a actividade das escolas de surf este ano
Autorizadas 12 escolas
O Concello de Valdoviño informou das escolas de surf autorizadas nas praias do municipio neste 2021. Serán 12, das que 8 poderán operar en todos os areais, e outras 4, en todos agás Pantín. Unha adxudicación de espazos que se axusta á ordenanza reguladora do uso de praias, e que pretende garantir unha ocupación racional e sostible das mesmas.
Así, as escolas de surf, paddle surf, bodyboard e longboard autorizadas para desenvolver a súa actividade formativa en todas as praias son as seguintes:
-Alawa Surf School
-Anpe Travel
-AsOlas no Puntal
-Beach Club Surf and Coffee
-Natura Surf Akademy
-Pantín Surf Camp
-RSM
-Valdo Surf
Doutra banda, as escolas que poderán levar a cabo a súa actividade en todos os areais, coa excepción de Pantín, son:
-Club deportivo Ravic
-Ferrol Surf School
-Grab&Go
-Tobías Roeske
Entre os criterios de valoración que o Concello tivo en conta á hora de conceder as licenzas estiveron a calidade do servizo, a promoción do deporte, a disposición de instalacións de xeito permanente ou experiencia ininterrompida por espazo mínimo de 3 anos, ou a vinculación co municipio, entendida como a súa experiencia previa na impartición de accións formativas en anos precedentes, contribuíndo así á dimensión actual do surf en Valdoviño.