O Concello completa o pintado dos patios do CPI Atios, a insonorización da aula de música e a renovación da iluminación na de informática
Traballa tamén no acondicionamento dos aseos da segunda planta
Valdoviño, 6 de setembro do 2022. A uns días do inicio do curso escolar, o Concello de Valdoviño apuraba esta semana os últimos traballos nos centros educativos do municipio. Traballos de mantemento nas escolas unitarias e no CPI Atios. Neste último centro, e en colaboración coa dirección, levouse a cabo o pintado dos patios exterior e interior -a actuación nestas instalacións completarase nos vindeiros meses cunha intervención artística por parte do artista local e antigo alumno do centro Martín Núñez, autor á súa vez do grafitti que decora o rocódromo construído a finais do curso pasado-.
Así mesmo, o Concello completou a insonorización da aula de música, dotándoa tamén de novo mobiliario; está a renovar os aseos da segunda planta, e substituíu por LEDs a iluminación da sala de informática -na que a Xunta instalou novas mesas técnicas-.