O Concello busca extras entre a veciñanza para o seu novo vídeo promocional

Cunha vestimenta determinada, deberán acudir este xoves ás 19:30 h á Frouxeira, onde se levará a cabo a gravación, dirixida por Álvaro Núñez

Valdoviño, 12 de agosto do 2024. O Concello de Valdoviño busca extras entre a veciñanza do municipio para protagonizar algunha das esceas do novo vídeo promocional que está a rodar. O realizador local Álvaro Núñez dirixe o traballo, que levará por título «Hidrolatrías. Valdoviño un paraíso ligado á auga», e o resultado presentarase o venres 23 de agosto na Porta do Sol, a partir das 22:30 horas. Na peza, en proceso de elaboración, recóllese a importancia do mar no devir do concello, dende o punto de vista da tradición, e realízase co apoio da Xunta de Galicia e Abanca, a través da liña de axudas ao Pantín Classic como Festa de Interese Turístico de Galicia.

Os veciños e veciñas interesados en tomar parte, de calquera idade, deben presentarse o xoves 15 de agosto ás 19:30 horas na caseta de socorrismo da praia da Frouxeira, onde se levará a cabo a gravación a partir das 20:00 horas -e ata as 22:00 horas-. Alí recibirán as indicacións precisas. Tan só deben acudir cunha vestimenta determinada: camisa ou camiseta blanca, pantalón ou falda negra e pano, cinta ou cinturón para poñer á cintura de cor vermella.