O Concello axuda aos mozos e mozas na tramitación do bono alugueiro da Xunta

As solicitudes tan só se poden presentar vía electrónica

Valdoviño, 8 de xullo de 2022. O departamento municipal de Servizos Sociais axuda aos mozos e mozas (de ata 35 anos) na tramitación das solicitudes do bono alugueiro da Xunta de Galicia. Solicitudes que tan só se poden presentar vía electrónica. 

Concederase ás persoas beneficiarias unha axuda de 250 euros mensuais, co límite da renda mensual, do prezo da cesión ou, de convivir con outras persoas, do importe que lle corresponda satisfacer á persoa beneficiaria. A axuda concederase ás persoas beneficiarias polo prazo de dous anos. 

As axudas están convocadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo para facilitar o goce dunha vivenda ou habitación en réxime de alugamento ou de cesión de uso á mocidade con escasos medios económicos. Iso si, entre os requisitos, figura dispoñer dunha fonte regular de ingresos. 

+info: https://cutt.ly/bLoQFzC