O Concello aproba unha exención do 95% da cota do imposto de plusvalía cando o inmoble a legar e herdar é residencia habitual

A modificación da ordenanza atópase en fase de exposición pública

Valdoviño, 25 de abril de 2022. O Concello de Valdoviño vén de aprobar en pleno unha modificación da ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana, máis coñecido como plusvalía, que contempla a exención do 95% da cota. Para isto deben darse dúas circunstancias principais. Dunha banda, o inmoble debe ser residencia habitual de quen legue e de quen herde (nos dous casos por un periodo mímino de 2 anos). 

Así se recolle no novo texto, hoxe en fase de exposición pública trala súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) do martes 19 de abril. A nova normativa dá cumprimento ao requerimento legal recollido no RD Lei 26/2021 de 8 de Novembro, que contemplaba un prazo máximo de 6 meses para a adaptación das ordenanzas municipais, por parte das administracións locais, á setenza do Constitucional do 26 de outubro de 2021, na que se anulaba a base de cálculo do imposto, e tamén ao propio RD Lei.