O Concello aproba outras 17 axudas para material escolar e transporte

Súmanse ás 112 aprobadas na primeira convocatoria

Valdoviño, 26 de setembro do 2022. O Concello de Valdoviño vén de aprobar 17 novas axudas para material escolar e transporte na convocatoria extraordinaria aberta a primeiros de mes. Súmanse ás 112 concedidas na primeira convocatoria aberta pola Administración local para apoiar ás familias con menos recursos.

Así, con elas búscase facer efectivo o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación e o seu fin é compensar a aquelas familias que polas súas condicións económicas teñan máis dificultades para afrontar os gastos derivados da escolaridade.