O Concello aproba o Martes de Entroido e San Mamede como festivos locais en 2026

A decisión adoptábase onte en pleno por unanimidade

Valdoviño, 4 de xullo do 2025. A corporación municipal de Valdoviño aprobaba onte en pleno os festivos locais para o 2026. Serán o 17 de febreiro, Martes de Entroido, e o 17 de agosto, San Mamede. A decisión adoptouse por unanimidade, e unha vez descartado o 24 de xuño, San Xoán, ao ser declarado festivo autonómico no calendario do próximo ano. No caso da data encadrada no Entroido, tivo peso o arraigo da celebración no municipio, namentres que a festividade de San Mamede é un fixo sempre e cando non coincida en sábado ou domingo, como este ano.