O Concello aproba a súa adhesión á Rede Española de Cidades Saudables da FEMP

A corporación adoptou o acordo por unanimidade en sesión plenaria

Valdoviño, 24 de maio de 2022. O Concello de Valdoviño aprobou en pleno a súa adhesión á Rede Española de Cidades Saudables da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias). Fíxoo por unanidmidade, na sesión celebrada onte. A citada rede busca a promoción e protección da saúde e o benestar da cidadanía, de acordo cos principios de actuación correspondentes ao proxecto “Healthy Cities” da Organización Mundial da Saúde. 

En base á adhesión, o Concello comprométese á elaboración dun análise de situación e un plan de saúde. 

A súa inclusión na rede permitirálle participar do intercambio de experiencias e o desenvolvemento de proxectos entre cidades, formando parte dunha acción común na promoción e protección da saúde, contando coa axuda destas na posta en marcha de modelos operativos nesta materia, así como asesoramento e asistencia. Tamén, optar a fondos Next Generation orientados á promoción de hábitos de vida saudables.