O Concello aproba a ampliación de horarios da hostalería na Noite de Fin de Ano

Os establecementos interesados en acollerse á medida deberán comunicalo previamente

Valdoviño, 26 de decembro do 2025. Os locais de hostalería de Valdoviño poderán ampliar horarios de apertura na noite do 31 de decembro ao 1 de xaneiro. Un ano máis, o Concello aprobaba a medida en resposta á petición realizada por varios establecementos. Esa ampliación será de 2 horas sobre os horarios xerais de peche establecidos nas correspondentes licenzas e/ou permisos para o desenvolvemento da actividade, cumprindo sempre a normativa referente a aforos e seguridade. Os negocios que desexen acollerse á medida deberán comunicalo previamente -antes do 30 de decembro- no rexistro xeral da casa consistorial ou a través da sede electrónica.