O Concello aproba a adquisición de dúas grúas de mobilidade e dúas camas articuladas que se destinarán a préstamo

Destinará 3.600 euros procedentes dunha achega da Deputación

Valdoviño, 7 de novembro do 2022. O Concello de Valdoviño adquirirá dúas grúas de mobilidade e dúas camas articuladas con cargo a unha achega da Deputación provincial da Coruña. Nestas axudas técnicas investirá 3.600 euros co obxecto de crear un equipamento que vaia medrando con futuras compras. Iría destinado a veciños e veciñas en situación de dependencia e/ou discapacidade, que recibirían o material en réxime de préstamo.

Para iso, o Concello comezou a traballar na elaboración dunha ordenanza reguladora na que se estableza un baremo de prioridade para o acceso ás axudas técnicas, coa previsión de proceder á súa aprobación antes de que remate o ano.