O Concello apoia o labor de Protección Civil cunha achega de 10.000 euros

O alcalde, Alberto González, e o responsable da agrupación, Francisco Dopico, asinaban o convenio de colaboración correspondente a 2021

Valdoviño, 14 de xaneiro de 2022. O Concello de Valdoviño apoiará a actividade diaria da Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil mediante a aportación de 10.000 euros. O alcalde, Alberto González, e o responsable da Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil, Francisco Dopico, asinaban o correspondente convenio referente a 2021.  Unha partida coa que cada ano a Administración local contribúe a financiar os gastos de seguros, coberturas médicas, mantenemento de equipos e instalacións…

Un labor importante e fundamental, imprescindible, que se intensifica coas tarefas derivadas da pandemia da covid-19, e que o alcalde agradeceu e quixo poñer en valor en nome dos veciños e veciñas de Valdoviño.