O Concello apoia a reivindicación da plantilla de Cándido Hérmida para abrir unha mesa de negociación na busca de solucións ós despidos
A corporación reuniuse esta mañá co comité de empresa
A corporación municipal de Valdoviño levará ao próximo pleno, que se celebrará a vindeira semana, unha declaración institucional de apoio aos traballadores e traballadoras da firma Cándido Hermida. Así se comprometeron esta mañá o alcalde, Alberto González, e concelleiros de PSOE e PP na xuntanza que mantiveron cos representantes do comité de empresa. Na mesma, xustificouse a ausencia de BNG e Centristas, que non puideron acudir por motivos laborais.
Na mesma, a plantilla trasladou as súas demandas tras anunciarse o despido de 23 traballadores e traballadoras, e os representantes municipais respaldaron a necesidade de abrir unha mesa de negociación na que poder abordar a actual situación entre as centrais sindicais e os responsables da compañía, así como que se abra unha vía de diálogo co fin de alcanzar un acordo.