O Concello aplicará aos parques eólicos o ICIO máis alto permitido pola normativa
A corporación respalda a aprobación inicial da ordenanza reguladora
Valdoviño, 20 de novembro do 2024. O Concello de Valdoviño aplicará aos parques eólicos o gravame máis alto permitido pola normativa vixente. Así o acordou a corporación no último pleno, dando luz verde á modificación da ordenanza reguladora do Imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO).
Deste xeito, no caso de construcións e instalacións de xeración enerxética de carácter industrial ou de repotenciación ou modificación substancial das mesmas, o tipo de gravame será do 4,00%, namentras que para o resto de construcións e instalacións será do 2,3%, sen perxuízo das bonificacións contempladas na ordenanza.
Tras a aprobación inicial da modificación, o acordo publicarase en boletín oficial e abrirase o prazo de exposición pública. De non presentarse alegacións, quedará definitivamente aprobado.
