O Concello adxudica por 189.000 euros as obras de mellora en 18 camiños de Lago, Meirás, Valdoviño, Sequeiro e Vilarrube

Financiaranse con cargo ao POS+ da Deputación da Coruña

Valdoviño, 5 de maio do 2025. A Xunta de Goberno Local que preside o alcalde, Alberto González, adxudicaba á empresa Construcciones J. Mauri e Hijos SL as obras de acondicionamento de 18 camiños e viais nas parroquias de Lago, Meirás, Sequeiro, Valdoviño e Vilarrube. No seu conxunto, suman un investimento de 188.100,15 euros, e tras este paso administrativo, dáse un prazo para que a empresa adxudicataria presente toda a documentación para, de seguido, proceder á acta de replanteo e iniciar entón os traballos.

O Concello financiará as intervencións con cargo ao POS+ da Deputación Provincial da Coruña, e levaranse a cabo nos seguintes viais:

-Valdoviño: Travesía da Ponte, Rúa Poeta Xerardo O Inglés, Tramo pendente Rúa Boeiro (ata a Travesía da Praia), Rúa Xunqueira (dende a AC566 ata a Rúa Boeiro), Rúa Atios, Tramo inicial Rúa Pintor José Leyra Domínguez, Rúa Illa Lapela, Avenida Couce Casas -entre O Pereiro e a Ladeira ata o cruce coa AC566-, Travesía do Poulo e Travesía da Carreira

-Lago: camiños de Broño, Carreira e Soutovello

-Meirás: Taraza, Padín e Campón

-Sequeiro: vial da igrexa dende o establecemento Mamá Piana ata o templo

-Vilarrube: vial na zona de Porto de Arriba en Porto do Cabo.