O Concello adxudica o contrato da concesión de explotación da cafetería da Frouxeira

A empresa adxudicataria iniciará as obras de acondicionamento coa vista posta na reapertura do local no Nadal

Valdoviño, 29 de novembro do 2022. O Concello de Valdoviño adxudicaba a semana pasada o contrato da concesión da explotación da cafetería situada na Frouxeira. Péchase así un proceso de contratación aberto, no que inicialmente se establecía un canon anual de 3.000 euros máis a asunción do custe dunha serie de obras de acondicionamento do inmoble estimadas nuns 24.000 euros. A empresa adxudicataria abonará un canon de 6.000 euros, segundo a oferta presentada e aprobada, e nos vindeiros días iniciará os traballos no local coa vista posta na súa reapertura durante o Nadal. 

A edificación, cunha superficie construída de 192 metros cadrados e espazos exteriores anexos para terraza, sitúase a escasos metros do areal, un dos máis concorridos do municipio.