O Concello adxudica as obras de acondicionamento do camiño de Outeiro
A Administración local investirá preto de 68.000 euros nos traballos
Valdoviño, 6 de novembro de 2023. Cun investimento cercano aos 68.000 euros, o Concello de Valdoviño levará a cabo as obras de acondicionamento do camiño de acceso ao núcleo de Outeiro, dende a estrada autonómica AC-116, na parroquia de Lago. Tralo proceso aberto para a contratación das obras, a Administración local adxudicaba a semana pasada a actuación á empresa Mantiñán. A intervención, que se levarán a cabo ao longo de algo máis dun quilómetro de vial, con intenso tráfico de vehículos agrícolas e turismos, ao tratarse dun vial de acceso á praia, financiarase con cargo ao Plan de Mellora de Camiños Rurais 2023-2024 de Agader.
Comentarios