O Concello adhírese ao convenio coa Xunta para a concesión de axudas aos negocios de hostalería afectados pola covid-19

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informa de que o obxectivo é evitar que establecementos locais que cumpren os requisitos se queden sen a subvención ao esgotarse a partida habilitada pola Xunta

O alcalde, Alberto González, informou esta  mañá de que o Concello de Valdoviño aprobou a adhesión ao convenio coa Xunta de Galicia para a concesión de axudas aos negocios de hostalería afectados polos peches derivados da crise da covid-19. A medida será ratificada no pleno deste xoves.

Así, a Administración local apunta que un bo número de establecementos do municipio quedou fóra da liña de subvencións aberta pola Xunta ao esgotarse a partida orzamentaria, e por iso, o Concello decidiu contribuír economicamente ao programa co fin de evitar que os negocios que cumplisen os requisitos quedasen sen a achega.

Deste xeito, o alcalde apunta que o Concello aportará 1.000 euros en concepto de axuda a cada un dos establecementos que se atopen nesta situación.