O Concello adapta a carpa do centro de saúde para facilitar as probas sen baixarse do coche
Os traballos realizáronse esta tarde
Dada a evolución da situación, e tras a realización dos primeiros test de antíxenos na carpa habilitada polo Concello, dende o centro de saúde solicitouse aos representantes municipais adaptar a infraestrutura para permitir á poboación a realización das probas sen necesidade de baixarse dos seus vehículos particulares. En consecuencia, o alcalde, Alberto González, explicou que esta tarde se iniciaban e concluían os traballos para instalar unha nova carpa na saída lateral do centro de saúde adaptada ás novas indicacións dos facultativos
Comentarios