O Concello activa o servizo de préstamo de cadeiras para facilitar o acceso á auga por parte das persoas con mobilidade reducida
Poden solicitalo no teléfono da oficina municipal de turismo
Valdoviño, 12 de xullo do 2023. As persoas con mobilidade reducida ou en cadeira de rodas poden solicitar no Concello de Valdoviño o uso das cadeiras autopropulsadas para desfrutar do baño nas augas da Frouxeira e a manta que facilita o acceso á praia dende a entrada próxima á caseta de socorrismo. Un servizo que o Concello de Valdoviño poñía en marcha hai 3 anos co asesoramento da asociación Aprende a Voar para mellorar a accesibilidade do areal.
É gratuíto para os usuarios e usuarias, e para reservalo, tan só é preciso chamar ao teléfono da oficina de turismo: 981 48 76 73 de martes a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas, e ao 981 48 76 66 sábados de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas, e domingos de 10:00 a 14:00 horas. O préstamo estará operativo todos os días da semana entre as 12:30 e as 19:00 horas.
Este recurso non só está activo durante o verán na praia da Frouxeira, senón todo o ano, xa que está a disposición de, entre outros, as escolas de surf ou os centros educativos, en caso de requerilo.