O Concello activa o protocolo covid na consistorial ao confirmarse un positivo en coronavirus nun dos membros da corporación

Todas as probas realizadas ata a data entre traballadores e concelleiros deron negativo

O Concello de Valdoviño activou o protocolo COVID, ordeando a realización de PCRs entre os traballadores da casa consistorial e os concelleiros da corporación tras confirmarse o pasado venres que un edil dera positivo en coronavirus. Adoptaba esta decisión por responsabilidade e prudencia, seguindo o protocolo municipal, excedendo incluso as normas sanitarias e ampliando as probas ao persoal municipal, con independencia de que tivesen ou non contacto directo coa persoa afectada. 

O concelleiro atópase ben, confinado no seu domicilio. Unha decisión que asumiron o resto de compañeiros á espera de recibir os resultados. En todo caso, todas as probas realizadas deron negativo ata a data. 

Cando o concelleiro presentou síntomas a mediados de semana, inmediatamente autoconfinouse e realizou as probas pertinentes, confirmándose o positivo e activándose na consistorial o protocolo. Segundo o rastreo activado por Sanidade a partir de entón, informaron ao concelleiro de que a transmisión tiña que terse producido a pasada fin de semana, cando o edil non realizou ningún tipo de actividade municipal.

.