O Concello activa “Entroido en redes”
Anima a veciños e veciñas a compartir as súas fotos e vídeos nas redes sociais municipais, e avanza premios de ata 200 euros en vales canxeables no comercio e hostalería locais
Valdoviño, 23 de febreiro de 2022. O Concello de Valdoviño abre mañá xoves o prazo de recepción de imaxes -fotografías e vídeos- para o certame «Entroido en Redes 2022». A través do mesmo, anima á veciñanza a disfrazarse, individualmente ou en grupo, e enviar as súas imaxes para compartilas nas redes sociais municipais. Entre todas, as mellores recibirán vales canxeables no comercio e hostalería locais por valor de entre 50 e 200 euros segundo a categoría.
Son estas:
-Fotografía individual
-Fotografía grupo
-Vídeo individual e vídeo parella
-Vídeo de grupo e/ou comparsa cunha canción (mínimo de tres persoas)
-Video de grupo e/ou comparsa cunha parodia (mínimo de tres persoas)
Fotos e vídeos deben enviarse ó correo culturavaldovino@gmail.com ata o 3 de marzo, xunto coa folla de solicitude de participación cuberta (dispoñible na páxina web do Concello ou na Casa da Cultura).
Tanto as bases do certame como as fichas poden consultarse ou descargarse na web.
BASES ENTROIDO EN REDE EN GALEGO
BASES ENTROIDO EN REDE EN CASTELÁN