O Concello activa a Aula de Artes Plásticas
O pintor Manuel Carballeira guiará a actividade no local social de Loira, dirixida a nenos e nenas a partir de 5 anos e máis persoas adultas
Valdoviño, 5 de novembro de 2021. O Concello de Valdoviño porá en marcha a Aula de Artes Plásticas. Un novo proxecto cultural aberto á participación de nenos e nenas a partir de 5 anos e máis persoas adultas, que guiará o pintor Manuel Carballeira. Desenvolverase no local social de Loira, instalacións que comezan a cobrar vida tras o remate das obras de reforma integral do inmoble.
Con prazas limitadas, a inscrición está aberta ata o 12 de novembro (ata as 14 h), de luns a venres de 10 a 14 h. Hai 3 vías: presencialmente na Casa da Cultura; no teléfono 981 48 76 66 ou no correo cultura@concellodevaldovino.com. A cuota é de 22,12 euros/mes para menores de idade e de 29,49 euros/mes para maiores de 18.
As sesións celebraranse os martes, en horario de tarde, 2 horas semanais, e nelas as persoas participantes poderán iniciarse ou perfeccionarse nas técnicas do debuxo, o carboncillo, acrílico, óleo, acuarela, tinta, pastel e lápiz de cor.