O Concello abrirá este domingo en Vilaboa o calendario de Encontros veciñais nas parroquias
Celebrarase no Teleclub a partir das 11:30 horas para escoitar propostas e queixas e atender as consultas sobre a xestión municipal
Valdoviño, 8 de abril do 2025. O Concello de Valdoviño abrirá este domingo 13 de abril o calendario 2025 de Encontros veciñais nas parroquias. A primeira cita celebrarase en Vilaboa, no Teleclub, a partir das 11:30 horas. Nela, tomará parte o alcalde, Alberto González, e concelleiras e concelleiros das diferentes áreas de goberno.
O obxectivo das xuntanzas é escoitar a veciñas e veciños, repasar demandas e peticións, atender as súas queixas e tamén abordar propostas, ademais de explicar proxectos e solventar dúbidas e consultas sobre a xestión municipal.
Co ánimo de facilitar a asistencia, e como é habitual, o Concello organizará reunións en todas as parroquias de aquí a maio, e irá avanzando datas con antelación suficiente. Por último, anima á cidadanía a sumarse a esta primeira, o domingo pola mañá.