O Concello abre o prazo de preinscrición na campaña de esquí da Deputación

Valdoviño conta con 6 prazas para as datas do 18 ao 21 de febreiro, e os/as interesados/as deben presentar a solicitude no rexistro municipal

Valdoviño, 30 de novembro de 2021. O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Deportes, abre o prazo de preinscrición na Campaña de Esquí que promove a Deputación provincial da Coruña. Un trámite que debe formalizarse ata o 14 de decembro no Rexistro Xeral –a ficha de inscrición pode descargarse da web municipal-. A través da mesma, rapaces e rapazas de entre 12 e 15 anos (cumpridos a 31 de decembro de 2021) poderán gozar de estancias na estación de Valgrande-Pajares (Asturias). Alí, poderán participar en cursiños de esquí e actividades complementarias nun proxecto que inclúe aloxamento e manutención. 

As estancias comezarán no mes de xaneiro e o Concello ten asignadas 6 prazas para a quenda do 18 ao 21 de febreiro. Se a demanda excedese as prazas ofertadas, realizaríase un sorteo no Concello. O custe da actividade é de 85 euros.

FICHA DE INSCRICIÓN