O Concello abre o prazo de preinscrición na campaña de esquí da Deputación

Valdoviño conta con 6 prazas para as datas do 19 ao 22 de xaneiro, e os/as interesados/as deben presentar a solicitude no rexistro municipal

 Valdoviño, 9 de novembro de 2023. O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Deportes, abre o prazo de preinscrición na Campaña de Esquí que promove a Deputación provincial da Coruña. Un trámite que pode formalizarse ata o 1 de decembro no Rexistro Xeral –a ficha de inscrición pode descargarse da web municipal, clickando FICHEIRO DE INSCRICIÓN-. A través da mesma, rapaces e rapazas de entre 11 e 15 anos (cumpridos a 31 de decembro de 2023) poderán gozar de estancias na estación de Valgrande-Pajares (Asturias). Alí, poderán participar en cursiños de esquí e actividades complementarias nun proxecto que inclúe aloxamento e manutención. 

As estancias comezarán no mes de xaneiro e o Concello ten asignadas 6 prazas para a segunda quenda, do 19 ao 22 de xaneiro. Se a demanda excedese as prazas ofertadas, realizaríase un sorteo no Concello. O custe da actividade é de 85 euros.