O Concello abre o prazo de inscrición nas actividades de ximnasia e zumba
O edil de Deportes, Sergio Saavedra, avanza que as clases de ximnasia celebraranse en Valdoviño e Vilarrube e, as de zumba, nesta última parroquia
O Concello de Valdoviño avanzou esta mañá a apertura do prazo de inscrición para as clases de ximnasia e zumba. Así, o concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, explicou que o Concello irá iniciando progresivamente as actividades deportivas nun curso atípico, marcado polas medidas de prevención fronte á covid-19.
Nesta liña, Saavedra informou de que as clases de ximnasia desenvolveranse en Valdoviño os martes e venres en dous grupos, de 10 a 11 e de 11 a 12 horas, e en Vilarrube os martes e xoves de 18,30 a 19,30 horas.
Pola súa banda, as clases de zumba terán lugar en Vilarrube co mesmo horario que o pasado curso, os martes e xoves de 19,30 a 20,30 horas.
As persoas interesadas en tomar parte nas actividades deben anotarse no teléfono 626 465 531 enviando un whatsapp con nome e apelidos, DNI, data de nacemento, actividade e horario.
Así mesmo, Sergio Saavedra sinalou que o Concello abrirá proximamente o prazo de inscrición na actividade de ximnasia en Meirás, unha vez conclúan as obras que se están a realizar no pavillón polideportivo do Longoiro.
.