O Concello abre o martes a inscrición nos talleres de mindfulness en familia
Guiadas pola coach Elena Fernández Nóvoa, organizaranse 2 sesións dunha hora, dirixidas a nenos/as, pais e nais ou avós e avoas
Valdoviño, 12 de agosto de 2022. O Concello de Valdoviño acollerá novos talleres de mindfulness. Nesta ocasión, para participar en familia. Celebraranse o sábado 20 de agosto na Casa da Cultura. O primeiro, de 11 a 12 horas, dirixido a nenos e nenas de 5 a 8 anos acompañados de pais e nais ou avós e avoas, e o segundo de 12 a 13 horas para aqueles e aquelas de 9 a 12 anos.
Guiados pola coach Elena Fernández Nóvoa, a participación é gratuíta, pero require de inscrición previa chamando ó 981 48 76 66 de 10 a 13 horas o próximo martes, 16 de agosto; xoves 18, e venres 19 de agosto -ou ata completar prazas-. Así mesmo, terán preferencia as persoas empadroadas en Valdoviño.
Trátase dunha actividade para conectar, xogar e gozar en familia, aprendendo dunha maneira divertida a focalizar a atención e a calmar o corpo e a mente.