O Concello abre inscricións nunha nova ruta de sendeirismo ao Pico da Vela
Celebrarase o domingo 14 de maio, con participación gratuíta
Valdoviño, 4 de maio do 2023. O Concello de Valdoviño abre inscricións nunha nova ruta de sendeirismo polo municipio. Neste caso, un itinerario circular ata o Pico da Vela a celebrar o domingo 14 de maio, con saída da praia do Río, en Meirás, sobre as 10:00 horas. De dificultade baixa-media, cubriranse 9 km nun tempo estimado de 4,5 horas. Un tempo no que botaremos unha ollada ao pasado militar de Valdoviño a través da batería de Campelo, e achegarémonos ás extraordinarias vistas da costa dende o máis alto, a cima do Pico da Vela.
A participación é gratuíta e as prazas limitadas. Para apuntarse é preciso enviar un correo electrónico a deportes@concellodevaldovino.com sinalando nome e apelidos, localidade de residencia -terán preferencia os e as empadroados/as- e teléfono de contacto, así como unha fotocopia do DNI (en arquivo adxunto). No caso de menores, tamén se precisa remitir autorización asinada de pai/nai ou titor legal.
Unha vez máis, o percorrido estará guiado pola firma Portal Norte.
Comentarios