O Concello abre inscricións no obradoiro de creación artística para nenas e nenos Científicas medrando. Historias que inspiran
Con participación de balde, celebrarase o sábado ás 11:30 h na Biblio
Valdoviño, 14 de outubro do 2024. O Concello de Valdoviño celebrará este sábado o obradoiro «Científicas medrando. Historias que inspiran». Está dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos, con prazas limitadas e inscrición previa no departamento municipal de Cultura -presencialmente ou no teléfono 981 48 76 66 de luns a venres de 10 a 14 horas-. A participación é de balde.
O taller comezará ás 11:30 horas na Biblioteca Municipal, e propón a creación dun libro pop up sobre a biografía das imprescindibles galegas: a científica Ángeles Alvariño, a arquitecta Rita Queimadelos, a actriz María Casares, a médica Olimpia Valencia ou a aviadora Elisa Patiño. Nesta actividade de creación plástica coa que se fomenta a igualdade entre nenas e nenos tamén se dá difusión e contribúe ao coñecemento da historia destas mulleres, de modo que sirva de inspiración para as rapazas que comenzar a pensar no seu futuro.
A actividade forma parte do programa Ler Conta Moito que promove a Xunta de Galicia.