O Concello abre inscricións na programación deportiva Valdoviño Saudable 2025-2026
Inclúe 12 actividades para nenos e nenas nos pavillóns municipais do CPI Atios de Valdoviño, Longoiro de Meirás e no local social de Pantín
Valdoviño, 8 de setembro do 2025. O Concello abrirá este martes 9 de setembro o prazo de inscrición nas diferentes actividades deportivas do programa «Valdoviño Saudable 2025-2026». Segundo avanzaba o concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, está dirixido a nenos/as e persoas adultas, e inclúe 12 propostas a celebrar principalmente nos pavillóns municipais do CPI Atios -Valdoviño- e Longoiro -Meirás-, aínda que tamén haberá outros escenarios como Pantín.
As inscricións poderán formalizarse ata o día 26 de setembro, coa vista posta en arrincar o curso en outubro. Habilítase a reserva de praza a través da web municipal (https://www.concellodevaldovino.com/deportes/programacion-e-inscricions/) e tamén presencialmente na primeira planta da casa consistorial, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
Para nenos e nenas de 6 a 13 anos haberá clases de atletismo, ximnasia rítmica, patinaxe en liña (dende os 3 anos), baloncesto, duatlón, karate, patinaxe artístico, multideporte e psicomotricidade (3-7 anos incluídos). Todas elas, no pavillón do CPI Atios e unha cuota de 10 euros. No Longoiro está previsto celebrar as actividades de tenis e tiro con arco, para rapaces e rapazas de ata 18 anos e unha cuota de 11,06 e 8,86 euros/mes respectivamente
Para o público adulto, o Concello ofrecerá tenis e tiro con arco no Longoiro, ademais de ximnasia nas parroquias de Meirás (pavillón), Pantín (local social) e Valdoviño (casa da cultura). Tampouco hai variacións nos prezos, e o custe mantense respecto a anos anteriores, con tarifas que oscilan entre os 8,86 e os 12,54 euros mensuais en función da frecuencia semanal. Coma é habitual, e en toda a programación, no caso de que a demanda exceda a oferta terán preferencia as persoas empadroadas en Valdoviño, e todas as actividades requiren dun número mínimo de participantes para celebrarse.
