O Concello abre inscricións na programación de OcioSol 2025 na piscina municipal de Lago

A oferta para xullo e agosto inclúe cursiños de natación para nenas e nenos, sesións para bebés de 4 a 36 meses, aquagym e nado libre

Valdoviño, 16 de xuño do 2025. A Concellería de Deportes abre inscricións, ata o próximo 25 de xuño, na programación OcioSol 2025 na piscina municipal de Lago. Desenvolverase nos meses de xullo e de agosto, e inclúe cursiños de natación para nenas e nenos, con catro grupos de iniciación, dous de intermedio e un de perfeccionamento, ademáis de sesións para bebés -de 4 a 36 meses acompañadas/os dunha persoa adulta-, aquagym, e nado libre.

O prezo das actividades é de 7,37 euros ao mes, agás aquagym e nado libre, cunha cuota de 8,86 euros ao mes. Toda a programación levarase a cabo en horario de mañá, reservando as tardes para o uso e desfrute das instalacións por parte de veciñanza e visitantes, e coa vista posta na apertura a primeiros de xullo, como é costume.

A inscrición debe realizarse online, a través dun formulario habilitado na web municipal, onde a cidadanía pode consultar tamén horarios das actividades, ou presencialmente na primeira planta da casa consistorial. Ademais, segundo avanza a Concellería de Deportes, no caso de que a demanda exceda a oferta de prazas, as persoas empadroadas no municipio terán prioridade na concesión.

INSCRICIÓNS