O Concello abre inscrición nun curso sobre o manexo do teléfono móbil

A acción formativa é gratuíta e desenvolverase no centro sociocomunitario do 22 ao 26 de novembro, de 12 a 13 horas

Valdoviño, 8 de novembro de 2021. O Concello de Valdoviño organizará este mes un curso sobre o manexo do teléfono móbil. Hoxe abre o prazo de inscrición e as persoas interesadas en participar poden anotarse no departamento municipal de Servizos Sociais, chamando ao 981 48 70 41 ext.5. A acción é completamente gratuíta e desenvolverase no centro sociocomunitario dende o luns 22 ata o venres 26 de novembro, en horario de 12 a 13 horas. As prazas, limitadas a 15, cubriranse por orde de inscrición. 

O curso estará impartido por INICE (Instituto de Investigaciones Científicas y Ecológicas), no marco do seu programa Acciones a favor de la Igualdad, co respaldo do Ministerio de Dereitos Sociais. E entre os seus contidos, abordaranse de forma eminentemente práctica os sistemas operativos móbiles, conectividade, aplicacións, apps sanitarias, seguridade ou fraudes.