O Concello abre inscrición en Xoga no Nadal, os campamentos deportivos de conciliación

Dirixidos a nenas e nenos de 4 a 12 anos, celebraranse no pavillón municipal do Longoiro en horario de 8:00 a 14:00 horas

Valdoviño, 7 de decembro do 2022. O Concello de Valdoviño abre inscricións nos campamentos deportivos de conciliación Xoga no Nadal. A través dos mesmos, nenos e nenas poderán achegarse a unha morea de deportes -tenis, bádminton, voleibol, fútbol, baloncesto, atletismo…- e participar en diferentes actividades de lecer -visionado de películas, pintacaras, manualidades…-. Así, cada día, alternarase a práctica deportiva con estas outras iniciativas cun doble obxectivo: que nenos e nenas desfruten ao máximo nestas vacacións e botar unha man ás familias para conciliar obrigas laborais e coidado dos/as fillos/as. 

Celebraranse no pavillón municipal do Longoiro, o día 23, do 26 ao 30 de decembro, e do 2 ao 4 de xaneiro, en horario de 10:00 a 14:00 (con chegada ás 8:00 h para aqueles que recurran ao servizo de madrugadores). O custe de participación é de 22,12 euros por neno/a. 

Así, as prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición, con preferencia para os/as empadroados/as no municipio. Pode formalizarse no rexistro xeral da casa consistorial ou a través da sede electrónica, e a ficha de inscrición pode descargarse na web.

FICHA INSCRICIÓN