O Concello abre este xoves inscricións no taller de disfraces para as nenas e nenos que participen na Cabalgata de Reis
O trámite debe realizarse na casa da cultura
Valdoviño, 23 de decembro do 2024. Un ano máis, o Concello de Valdoviño convidará aos nenos e nenas a acompañar ás súas Maxestades os Reis Magos de Oriente na percorrido que realizarán pola localidade o vindeiro 5 de xaneiro, unhas horas antes de iniciar a súa viaxe polos fogares de todo o mundo. E un ano máis, a Concellería de Cultura organizará un obradoiro de disfraces para que aqueles cativos e cativas que participen nese itinerario entre a casa consistorial e a casa da cultura deseñen a mellor vestimenta para sorprender nesa cita tan especial. Este xoves, 26 de decembro, abre o prazo de inscrición no taller. Un trámite que tamén se poderá formalizar na casa da cultura, de 10:00 a 13:00 h o venres 27, o luns 30 e o xoves 2 de xaneiro.
O obradoiro celebrarase o venres 3 de xaneiro de 11:00 a 13:00 horas, dirixido a nenas e nenos a partir de 6 anos, e as prazas son limitadas.