O Concello abre este xoves a votación popular en redes no IV Concurso de Decoración de Nadal na categoría de tecido empresarial

Veciños e veciñas poderán votar pola súa proposta favorita no Facebook e Instagram municipais ata o luns 23 ás 14:00 horas

Valdoviño, 18 de decembro do 2024. Tras pechar onte o prazo de presentación de solicitudes, o Concello de Valdoviño abrirá mañá xoves 19 de decembro, e ata o luns 23 ás 14:00 h, a votación nas redes sociais municipais para elixir ás mellores propostas do IV Concurso de Decoración de Nadal no apartado tecido empresarial. Isto é, comercios e negocios da localidade que decidiron sumarse á iniciativa, coa que se busca crear ambiente navideño no municipio. Son 6 en total. E destas candidaturas sairán 2 gañadores. Un da votación en Facebook e outro da votación en Instagram. Cada un, cun premio de 50 euros, que poderían incrementar se resultan tamén premiados na elección do xurado profesional -este tamén valorará as propostas veciñais-.

Así, mañá xoves, a partir das 12:00 h abrirase a votación en FB cunha galería de imaxes. A veciñanza poderá elixir a súa favorita -1 soa por persoa/conta- dándolle 1 me gusta. Para contabilizar votos, cada candidatura debe chegar aos 50 como mínimo, e gañará o que máis teña a partir desa cifra. En IG as propostas subiranse individualmente, e como no caso anterior, cada persoa/conta só poderá darlle me gusta a unha delas -caso contrario eliminaranse os votos-.

Na web municipal pódense consultar as bases do concurso que impulsa a Concellería de Cultura: https://acortar.link/UOOx85