O Concello abre este venres o prazo de preinscrición na campaña de esquí da Deputación

Valdoviño conta con 6 prazas para as datas do 24 ao 27 de xaneiro, e os/as interesados/as deben presentar a solicitude no rexistro municipal

Valdoviño, 7 de novembro do 2024. O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Deportes, abre este venres o prazo de preinscrición na Campaña de Esquí que promove a Deputación provincial da Coruña. Un trámite que pode formalizarse ata o 2 de decembro no Rexistro Xeral –a ficha de inscrición pode descargarse da web municipal-. A través da mesma, rapaces e rapazas de entre 11 e 15 anos (cumpridos a 31 de decembro de 2024) poderán gozar de estancias na estación de Valgrande-Pajares (Asturias). Alí, poderán participar en cursiños de esquí e actividades complementarias nun proxecto que inclúe aloxamento e manutención.

As estancias comezarán no mes de xaneiro e o Concello ten asignadas 6 prazas para a quenda, do 24 ao 27 dese mes. Se a demanda excedese as prazas ofertadas, realizaríase un sorteo no Concello. O custe da actividade é de 85 euros.

FICHEIRO INSCRICIÓN