O Concello abre este luns preinscricións nos talleres gratuitos de estimulación cognitiva para persoas maiores de 60 anos
Celebraranse no Centro Sociocomunitario e no local social de Meirás
Valdoviño, 30 de setembro do 2022. O Concello de Valdoviño abrirá o próximo luns, 3 de outubro, o prazo de preinscrición nos talleres de estimulación cognitiva para persoas maiores de 60 anos empadroadas no municipio. Son gratuítos, e celebraranse os xoves no local social de Meirás (en horario de 9:30 a 10:30 h) e no centro sociocomunitario (de 11:00 a 12:00 h).
Para apuntarse, é preciso chamar ó 981 48 76 66 ou acudir á casa da cultura nos seguintes horarios: de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h de luns a venres, e o prazo conclúe o 14 de outubro.
As sesións arrancarán o 20 de outubro, e nelas traballarase a memoria, a percepción, a atención, a concentración, a linguaxe e as funcións executivas como a resolución de problemas, razoamento, planificación e control. Os materiais precisos serán aportados polo Concello.