O Concello abre do 1 ao 15 de maio a presinscrición para novos ingresos na Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia
Os impresos poden descargarse da web municipal e presentalos no Rexistro Municipal ou a través da sede electrónica
Valdoviño, 29 de abril de 2022. O Concello de Valdoviño abrirá do 1 ao 15 de maio o prazo de preinscrición para novos ingresos na Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia. Deste xeito, as familias interesadas en solicitar este recurso de conciliación poden descargar o impreso da web municipal e presentalo no rexistro municipal ou a través da sede electrónica.
As instalacións, dirixidas a nenos e nenas de 4 meses a 3 anos, téñense convertido nunha ferramenta clave para facilitar a conciliación da vida persoal e laboral das familias de Valdoviño. Están ubicadas nunha contorna única como é a zona da praia e lagoa da Frouxeira, e contan no seu interior con dous espazos para o xogo, outro para o descanso, cuartos de baño e office. Complétase cunha zona exterior de xardín con elementos para o xogo, outra cuberta e unha pequena horta.
O seu funcionamento é de 8 a 16 horas de luns a venres, pechando no mes de agosto. Ademais da xornada completa hai opción de media xornada en horario de 9 a 13 horas (pode aumentarse con horas soltas). Proporcionaráselles almorzo e merenda, así como o xantar ás crianzas que participen da xornada completa, sendo as familias as encargadas de aportalo.
Calquer dúbida ou consulta pode realizarse a través do teléfono de Servizos Sociais: 981 48 70 41.