O Concello abre a preinscrición no curso operador de transformación e comercialización de produtos hortofrutícolas e do mel

Está dirixido a mozos e mozas e profesionais do sector agrario

O Concello de Valdoviño vén de abrir o prazo de preinscrición no curso “Operador de transformación e comercialización de produtos hortofrutícolas e do mel”. Dirixido principalmente a mozos e mozas e profesionais do sector agrario, as persoas interesadas en tomar parte poden presentar a súa solicitude no departamento municipal de Servizos Sociais na casa consistorial dende xa e ata o 19 de febreiro (con cita previa no 981 48 70 41 extensión 5).

A acción formativa desenvolverase conxuntamente cos concellos de Cerdido, Moeche e San Sadurniño, entre os meses de maio ou xuño e ata outubro. O lugar de celebración determinarase unha vez se concrete a demanda existente neste curso, que impulsa a Oficina Agraria Comarcal de Ferrol.

Entre os contidos a abordar están: os principios básicos da transformación e comercialización agraria e lexislación; seguridade e hixiene alimentaria e trazabilidade dos produtos; sistema de autocontrol APPCC; normas de calidade de comercialización, ou normalización, envasado e etiquetado e información alimentaria de alérxenos.