O Concello abre a inscrición nos obradoiros gratuítos de estimulación cognitiva

Están dirixidos a persoas maiores de 60 anos

Valdoviño, 2 de novembro de 2021. O Concello de Valdoviño reedita a súa aposta polos obradoiros de estimulación cognitiva para maiores de 60 anos. Hoxe abría o prazo de inscrición na actividade, con participación completamente gratuíta e preferencia para as persoas empadroadas no municipio. Pode formalizarse na Casa da Cultura, chamando ao 981 48 76 66 ou no correo cultura@concellodevaldovino.com, ata o venres 12 de novembro (incluído ata as 14 h), de luns a venres e en horario de 10 a 14 horas. 

As sesións desenvolveranse en horario de maña, nun lugar a determinar en función do/s grupo/s. Impartidos polo técnico Daniel Cartelle, entre as actividades formativas a realizar están os traballos para mellorar a fixación; traballos para mellorar as memorias: curto e longo prazo; sensorial, semántica, episódica (autobiográfica), de recoñecemento, declarativa (recordos que necesitan ser evocados), e procedimental (actos da vida diaria adquiridos e executables); traballos de nivelación cultural, e xogos lúdicos de estimulación cognitiva.