O Concello abre a inscrición no programa de terapias para persoas afectadas de alzheimer e outras demencias

A Concellería de Servizos Sociais busca mellorar a atención ás persoas afectadas e contribuír ao necesario respiro familiar das persoas coidadoras

Mellorar a atención ás persoas afectadas de alzheimer e outras demencias, contribuíndo ao seu benestar social e ao respiro familiar das persoas coidadoras é o obxectivo dos talleres que o Concello de Valdoviño porá en marcha a partir do mes de xuño.

As sesións, dirixidas a persoas afectadas, celebraranse os martes e xoves de 11 a 13 horas no centro sociocomunitario, e a inscrición para tomar parte está aberta no departamento municipal de Servizos Sociais -con cita previa no 981 48 70 41 extensión 5-. O custe da actividade é de 50 euros ao mes por persoa. 

Guiados por Afal Ferrolterra, o Concello retoma así un programa clave para mellorar a calidade de vida das persoas afectadas e tamén das súas familias.