O Concello abre a inscrición no Campus de Santa Santa para os máis pequenos da casa

Un programa de lecer para favorecer a conciliación

O Concello activará nas vacacións escolares o “Campus de Semana Santa”. Un completo programa de lecer para os nenos e nenas de entre 5 e 12 anos pensado especialmente cun dobre obxectivo: facilitar ás familias a necesaria conciliación de traballo e coidado dos fillos e fillas e ofrecer  actividades divertidas e didácticas para os máis pequenos da casa.

Así, o concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, explicou que o programa celebrarase no pavillón municipal do Longoiro os días 29, 30 e 31 de marzo en horario de 10 a 13,30 horas. A cuota é de 10 euros e as prazas son limitadas, con preferencia para aos/as empadroados/as en Valdoviño. Todas as actividades, recalca o concelleiro, desenvolveranse baixo un estricto protocolo de prevención fronte á covid e habilitaranse 4 áreas diferenciadas segundo a temática das accións a desenvolver, integradas por grupos burbulla.

Entre outras actividades, haberá obradoiros de reciclaxe, manualidades, xogos tradicionais e deportes.

A inscrición abrirase o luns, 22 de marzo, e manterase ata o día 26 deste mes. Para formalizala é preciso enviar un whatsapp a 626 465 531 sinalando nome e apelidos do/a neno/a, data de nacemento, empadronamento e teléfono de contacto do/a responsable legal. A partir de aí, o Concello contactará coa persoa interesada.