O Concello abre a inscrición nas actividades e cursos estivais da piscina municipal de Lago

Darán comezo en xullo e a programación inclúe natación, aquagym e nado

O Concello de Valdoviño anunciaba esta mañá a apertura do prazo de inscrición nas diferentes actividades que, no marco do programa deportivo OcioSol, desenvolverá na piscina municipal de Lago durante o verán. Unhas instalacións que se están a poñer a punto de cara a reabrir as súas portas no mes de xullo. Así, a programación inclúe natación en diferentes niveis: iniciación, intermedio, perfeccionamento e adultos; aquagym e nado libre.

As persoas interesadas en tomar parte deben inscribirse, ata o 25 de xuño (incluído), cubrindo o seguinte formulario: https://forms.gle/xLt5FCg14ysdmm3d6 ou ben enviando un whatsapp ao número do departamento municipal de Deportes: 626.46.55.31

Os prezos oscilan dende os 7,37 euros ata os 12,54 euros en función da actividade e da idade das persoas usuarias, e a idade mínima para os cursos dirixidos a nenos e nenas é de 3 anos. Así mesmo, no caso de aquagym, está dirixida a toda a familia e só é necesario que as persoas participantes teñan coñecementos de natación. Para nado libre, as persoas interesadas deberán indicar as horas que acudirán á semana, podendo escoller 2 ou 3 horas á semana.