O Concello abre a inscrición nas actividades e cursos da piscina municipal

Darán comezo en xullo e a programación inclúe natación, aquagym e nado

Valdoviño, 13 de xuño de 2022. O Concello de Valdoviño informaba esta mañá da apertura do prazo de inscrición nas diferentes actividades que, no marco do programa deportivo OcioSol, desenvolverá na piscina municipal de Lago durante o verán. Así, a programación inclúe natación en diferentes niveis: iniciación, intermedio, perfeccionamento e adultos; natación para bebés, aquagym e nado libre. 

As persoas interesadas en tomar parte deben inscribirse, ata o 27 de xuño ás 14 h, cubrindo o seguinte formulario web: https://cutt.ly/EJ9qCfF

Os prezos oscilan dende os 7,37 euros ata os 12,54 euros en función da actividade e da idade das persoas usuarias. Así mesmo, no caso de aquagym, está dirixida a toda a familia e só é necesario que as persoas participantes teñan coñecementos de natación. 

En caso de que a demanda exceda a oferta de prazas, as persoas empadroadas no municipio terán prioridade na concesión.