O colectivo artístico PATAKA inaugura a mostra “Atlantic” este xoves na casa da cultura

O acto celebrarase a partir das 20 h na sala de exposicións temporais

Valdoviño, 6 de agosto do 2025. O colectivo artístico PATAKA inaugura este xoves en Valdoviño a mostra «Atlántic». O acto, aberto á cidadanía, terá lugar na sala de exposicións temporais da casa da cultura ás 20:00 horas. A partir de entón poderá visitarse ata o 27 de agosto, de luns a venres de 10 a 13 h -e tamén no horario do Océano Surf Museo-. Trátase dunha mostra cunha gran variedade de xéneros artísticos, dende a escultura ata a pintura, o deseño gráfico ou creacións en tear.

Asinan as obras os escultores Alfonso Rivero de Aguilar e Andreas Ruiz Dubrovin; o escultor, tallista e pintor Camilo Seira; o deseñador gráfico Jorge Agra; a pintora e escultora Marián Paredes; a artista dos teares e fíos Carita Dubrovin; o artista plástico Vicente Ruiz Soldevilla, e o polifacético artista José Manuel Méndez «Pitelos». Precisamente este expoñía ata hai uns días unha escolma da súa magnífica obra, especialmente pintura e escultura, e a partir de agora, continuará presente en Valdoviño a través desta nova mostra colectiva.