O Club Náutico Folixa organiza para nenas e nenos unha sesión gratuíta de iniciación ao BIG SUP na praia de Vilarrube
A actividade, que se celebrará o sábado 7 de xuño, inclúese no programa municipal de promoción do deporte en Valdoviño
Valdoviño, 28 de maio do 2025. O Club Náutico Folixa convidará a nenos e nenas a partir de 8 anos a iniciarse en Vilarrube no BIG SUP. Trátase dunha práctica deportiva que precisa dunha táboa de paddle surf de grandes dimensións e que, coa axuda de remos, permite desprazarse pola auga, simulando a sensación de camiñar sobre ela. Ademais, o traballo en equipo resulta fundamental para a súa práctica, lo que resulta unha das experiencias máis divertidas do Stand Up Paddle.
A sesión terá lugar o sábado 7 de xuño, de 11 a 13 horas, con punto de quedada no aparcadoiro da praia de Vilarrube. O único requisito para participar é saber nadar, e aínda que os materiais serán proporcionados pola escola, é preciso ir equipado con bañador, toalla, camiseta, chanclas e protección solar. Iso si, as prazas son limitadas, e a inscrición pode realizarse a través dun formulario web.
A actividade é gratuíta, xa que se inclúe no programa municipal de promoción do deporte en Valdoviño vencellado á autorización de uso das praias por parte das escolas de surf.
