O Ciclo Mestre Mateo trae este venres ao auditorio de Valdoviño o documental “Emoción, vida e teatro. A nave das Marías”
O pase, dirixido a un público maior de 12 anos, está previsto para as 20:30 horas, con entrada de balde ata completar aforo
Valdoviño, 20 de novembro do 2024. O Ciclo Mestre Mateo continúa esta semana en Valdoviño coa proxección do documental «Emoción, vida e teatro. A nave das Marías». O pase terá lugar este venres no auditorio da casa da cultura, a partir das 20:30 horas, e está dirixido a un público maior de 12 anos. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.
Producido pola ONG Ecos do Sur, a cinta fala da importancia do teatro como ferramenta de intervención social. As persoas implicadas no proceso de creación da peza teatral “A Nave das Marías” contan en primeira persoa como as clases de teatro e o proceso creativo influíron nese momento das súas vidas, deixando testemuña de como o teatro pode ser unha ferramenta sorprendente e efectiva, porque pode cambiar ás persoas e pode cambiar as vidas. “A Nave das Marías” foi unha peza teatral creada dentro dun programa da ONG para facilitar espazos de participación e visibilización para mulleres migrantes impulsando procesos de sensibilización social en cuestión de xénero.
