O ciclo de monólogos “Únic@s” trae este venres a Valdoviño a Carmen Conde e a súa selección natural de historias
As persoas interesadas en asistir poden retirar as súas invitacións entre mañá e o xoves na Casa da Cultura, en horario de 11 a 14 horas
O ciclo de monólogos «Únic@s» ofrecerá este venres 30 de outubro «Unha selección natural de historias» a cargo de Carmen Conde, da compañía Tarabela Creativa. Dirixido a un público adulto, o monólogo celebrarase no auditorio da Casa da Cultura de Valdoviño, a partir das 20,30 horas. Incluído na rede cultural da Deputación provincial da Coruña, a entrada é de balde, pero con reserva de invitacións. Pódense retirar a partir de mañá e ata o xoves 29 na Casa da Cultura entre as 11 e as 14 horas (ou ata esgotar prazas).
Carmen Conde viaxou por Galicia na búsqueda das mortes máis absurdas do país. Isto sucedeu en 2016 e, ao final da xira, deicidiu examinar as experiencias que lle chegaron á alma e armar o que chamou «Unha selección natural de historias». Unha historia de toda unha vida, con historias dos mortos. E este venres presentaraas en Valdoviño.
.